----

O "Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego" analiza a obra de 110 autores e agrupa 16 monografías

<em>Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2008.</em>- O DICIONARIO ENCICLOPEDIA DO PENSAMENTO GALEGO agrupa en 700 páxinas as referencias biobibliográficas e a análise do legado de 110 pensadores significativos da cultura galega e ofrece, ademais, 16 monografías que analizan temas como o pensamento científico, a estética, a pedagoxía ou a relixión. A obra, iniciativa do Consello da Cultura Galega, editada por Edicións Xerais de Galicia, que agrupa o traballo de 46 especialistas, foi presentada hoxe no curso dun acto que contou coas intervencións de Ramón Villares, Presidente do CCG; Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, e dos coordinadores do traballo, Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García.


<!--more-->

O Diccionario-Enciclopedia é unha primeira visión de conxunto do pensamento galego e dos seus referentes culturais. Corenta e seis especialistas aportaron o seu traballo sobre os pensadores galegos e unha análise temática temática que permite encadrar o labor filosófico no campo da cultura galega. Eso explica, como indicou Manuel Rivas García, a división en dúas partes, das que a segunda, mais enciclopédica, complementa, temas, ideas e persoeiros que propiamente non caben dentro do Diccionario de autores.

Traátase dunha obra de única, oportuna e de referencia que é tamén unha ferramenta mjultiuso como dicionario, como enciclope e a través dos índices temático e onomástico, en palabras de Manuel Bragado.

Ramón Villares felicitouse pola plasmación dunha iniciativa importante e agradeceu “o moito e bo traballo dos coordinadores”. Fixo votos para que o libro, alén da súa utilidade académica e docente, sirva tamén para “visualizar os nosos recursos humanos”.

Para Andrés Torres Queiruga, trátase “dunha primeira aproximación, que agradecerá toda achega, sexa de matiz, de complemento ou mesmo de corrección, e que tería sen dúbida un dos seus froitos mais importantes se acadase a suscitar novas inciativas de conxunto ou diversos estudos de detalle. Man tendida, pois, a unha tarefa aberta e común, na que, segundo dixera Castelao, hai sitio para todos”.


<strong>UNHA OBRA COLECTIVA</strong>

Da análise da obra dos pensadores ocupáronse: Carme Adán, Marcelino Agís Villaverde, Carlos Baliñas Fernández, Xosé Luís Barreiro Barreiro, Xoán Bernárdez Vilar, Humberto Busto Abella, Rosa Cal, Arturo Casas, Demetrio Díaz Sánchez, Antón Fernández Álvarez, Carlos Fernández, Xosé Ramón García Soto, Anxo González Fernández, Martín González Fernández, José Eduardo López Pereira, Xosé Antonio López Silva, Ramón López Vázquez, Moisés Lozano Paz, Encarna Otero Cepeda, Celia Pereira Porto, Manuel Pombo Sánchez, César L. Raña Dafonte, Manuel Rivas García, Ramón Sánchez Rodríguez, Xulia Santiso, Manuel Santos Noya, Andrés Torres Queiruga e Ramón Villares.

As monografías e os seus autores son as seguintes: Antropoloxía, Xosé Ramón Mariño Ferro. Pensamento científico, Francisco Díaz-Fierros. Dereito, Luís Rodríguez Ennes. Economía, Fausto Dopico e Xan López Facal. Estética, Federico López Silvestre. Exilio, Xosé Luís Axeitos. Feminismo, María Xosé Agra. Liberalismo e absolutismo, Xosé Ramón Barreiro Fernández. Literatura galega, Dolores Vilavedra. Matemática, Ricardo Moreno Castillo. Medicina, Xosé A. Fraga Vázquez e Rafael Sisto Edreira. Nacionalismo, Justo Beramedi. Pedagoxía en Galicia, Antón Costa Rico. A Política, Xosé Luís Barreiro Rivas. Prensa, Luís Álvarez Pousa. Relixión, Victorino Pérez Prieto.