----

A USC anima o alumnado a proxectarse en galego

As comisións de normalización lingüística do Campus de Lugo da USC organizan o foro Proxéctate en galego, no que diferentes representantes do ámbito académico e profesional reflexionarán sobre as oportunidades que o galego pode ofrecerlles aos emprendedores.

A actividade está destinada principalmente aos estudantes da USC, mais está tamén aberta a toda a comunidade universitaria (PDI e PAS). As sesións terán lugar os días 26, 27 e 28 de outubro de 2012 na Casa do Saber – Vicerreitoría do Campus de Lugo. O prazo de matrícula remata o 23 de outubro.