----

O Consello da Cultura celebrou a Xornada “María Zambrano-Rafael Dieste: o legado de dúas figuras insubornables”

O Consello da Cultura Galega acolleu hoxe 18 de outubro a xornada “Zambrano-Dieste: O legado de dúas figuras insubornables”. O obxectivo é analizar as obras, pensamentos e relacións de María Zambrano (1904-1991), figura clave da filosofía do século XX, e Rafael Dieste (1899-1981), escritor da Xeración do 27 e renovador da literatura galega. Dúas persoas comprometidas e enraízadas na cultura popular, significadas activamente coa causa da II República e participantes nas "Misións Pedagóxicas" e noutras iniciativas culturais. " de rescatar e facer xustiza a dúas figuras que tanto aprecio se profesaron e de vinculalas cos proxectos doutras xentes que tamén souberon abrir posibilidades en tempos difíciles", precisa María Xosé Agra, coorganizadora da xornada xunto con Ramón Maiz.

Abriron as sesións, ás 10´30 horas, Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega; María Xosé Agra, coordinadora da Comisión de Igualdade, e Ramón Maiz, coordinador da Sección de Pensamento e Sociedade, do Consello da Cultura Galega.

María Leyra Fernández-Labandera (Universidade de Santiago de Compostela) falará de “Zambrano-Dieste: amizade e concorrencias”.

Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega, disertará sobre “a biografía epistolar de Rafael Dieste”.

Arturo Casas (Universidade de Santiago de Compostela) ocuparase de “Poesía e historia. A dialéctiva razón poética/razón histórica no grupo HORA DE ESPAÑA durante a guerra e no exilio”.

Pola tarde, a partir das 16´30 horas, chegaron os relatorios de María Xosé Agra, Carmen Blanco (Universidade de Santiago de Compostela), que se referirá a “Carmen Muñoz”, e Xosé Díaz Díaz (Universidade de Santiago de Compostela) que reflexionará sobre “Rafael Dieste. Da xeometría á filosofía”.