O programa está destinado ao alumnado da USC que fale galego ou catalán e desexe aprender, practicar ou mellorar a outra lingua. As persoas interesadas en participar deben enviar a ficha de inscrición a estudiscatalans.usc@gmail.com. A organización porase en contacto cos solicitantes para achegarlle a información necesaria para poder tramitar a matrícula.


