----

Concurso “Exposición Letras Galegas 2013”

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca unha nova edición do Concurso Exposición Letras Galegas, destinado aos centros de ensino non universitario para a elaboración dunha exposición relacionada coa obra, época e lingua do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013, Roberto Vidal Bolaño.

O concurso consta de dúas categorías, unha para os centros de educación infantil e primaria e outra para os restantes. A exposición gañadora en cada unha destas categorías será distribuída en máis de 1600 puntos de Galicia e do exterior e os equipos de traballo que elaboren estas exposicións recibirán cadanseu premio en metálico de 2500 euros.
O prazo de presentación dos traballos remata o 16 de xaneiro de 2013.