----

Bota a andar a segunda edición do Club de Debate

Os representantes dos concellos de Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo asinaron, o pasado 16 de novembro de 2012, unha addenda ao protocolo de colaboración para a organización do Club de Debate, a través da que se comprometen a desenvolver conxuntamente unha segunda edición desta iniciativa.
Bota a andar a segunda edición do Club de Debate

O proxecto, organizado polos seus respectivos servizos de normalización lingüística, ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo, fomentando a fluidez comunicativa en galego, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións.
Para ampliar esta información, preme aquí.