----

Gústanos o galego!

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta o vídeo Gústame… o galego!, xerado a partir da campaña que, co mesmo nome, se desenvolveu no marco do Culturgal 2012.
Gústanos o galego!

A iniciativa, que tivo unha grande difusión nas redes sociais, foi deseñada para que a cidadanía se comprometa publicamente coa promoción do idioma galego. Deste xeito, máis de 700 persoas tiveron a oportunidade de deixar testemuño gráfico de que lles gusta que lles digan “qrt m8”, que non lles traduzan o café con leite ou que ti intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño.