<img src="http://consellodacultura.org/mediateca/files/2008/09/portada.jpg" alt="" hspace="15" align="left"> O estudo da traxectoria do galego na prensa de inicios do século XIX é un labor que distintos investigadores, particularmente do eido filolóxico, abordaron de xeito illado nos últimos anos. As descubertas en bibliotecas e arquivos privados deron azo a que de cando en cando as revistas científicas trouxesen á luz documentos en galego inéditos ou longo tempo ignorados, que levaban máis dunha centuria durmindo no fondo das gabetas, documentos en moitos casos de grande importancia non só para a historia da nosa lingua senón para a historia da comunicación en Galicia. Agora, sae á luz este novo traballo, que trata de conformarse como un dos máis completos dentro do seu xénero.
<ul><li><a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=433">Descargue o libro dende a mediateca do Consello</a></ul></li>

