O alumnado que desexa participar debe elaborar unha produción audiovisual, dunha duración máxima de 10 minutos, baseada nalgún dos poemas de Cantares Gallegos. Outorgaranse dous premios (un primeiro, de 300 euros e un segundo, de 200 euros) para os mellores traballos en cada unha das categorías que contempla o certame.
O prazo de inscrición remata o 22 de marzo de 2013. As gravacións poden enviarse ata o 22 de abril.


