----

A INTRODUCCIÓN DA TECNOLOXÍA DIXITAL NO FOTOXORNALISMO OCUPARÁ UNHAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CCG EN PONTEVEDRA

O Consello da Cultura Galega, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, organizan os vindeiros días 27 e 28 deste mes unhas Xornadas Fotodixitais centradas en torno á introducción da tecnoloxía dixital na práctica fotográfica do xornalismo.

Os cambios que o soporte informático está a provocar no fotoxornalismo así como as múltiples posibilidades de "retoque" ou reconstrucción da imaxe serán algúns dos temas que se abordarán no Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra, onde se desenvolverán en sesións de mañá e tarde estes encontros.

Profesionais como Bernardo Pérez - director de Fotoforum - , Enrique Shore ou Joan Fontcuberta - Premio Nacional de Fotografía - intervendrán nestas xornadas, coordinadas polo fotoxornalista Xurxo Lobato. O peche virá da man de Antonio Espejo, fotógrafo e redactor de CiberPaís.

O uso da tecnoloxía dixital para a creación de bancos de datos, a velocidade no procesamento e envío das imaxes e as posibles modificacións ou reconstruccións das fotografías - posibilidade esta última que supón a reapertura do clásico debate ético entre fotografía e verdade - serán outros dos aspectos que estas xornadas pretenden abordar.




Máis información sobre estas xornadas:

http://www.consellodacultura.org/xornadas/
x1/index.htm