A sesión inaugural terá lugar mañá, xoves, 27 de febreiro, ás 10h. e contará coa presencia do presidente do CCG, Alfonso Zulueta e do presidente da Deputación de Pontevedra, Manuel Abeledo.
Estas xornadas, levadas adiante coa colaboración da Deputación de Pontevedra, que tamén cede o salón de plenos para a súa celebración , permitirán o encontro de prestixiosos fotógrafos do ámbito nacional e internacional, como Enrique Shore, da Axencia Reuters, Bernando Pérez, director de "Fotoforum", Daniel Gluckman, director de "Cover" ou Joan Fontcuberta, Premio Nacional de Fotografía.
Baixo a coordinación do fotoxornalista de "La Voz de Galicia", Xurxo Lobato, os profesionais convocados farán un repaso polas facilidades que as novas tecnoloxías ofrecen para fixar, procesar e transmitir imaxes. Sen embargo, estes grandes avances tamén teñen outra cara: a manipulación e o retoque fotográfico que permite variar e crear imaxes que poden dar lugar á manipulacións ou ás reconstruccións, actividades que poden chegar a eliminar o valor documental da fotografía.

