----

SUSO DE TORO INICIA ESTE XOVES AS "TERTULIAS DE LG3"

A Biblioteca do Consello da Cultura Galega acollerá este xoves 5 de febreiro ás 17:00 h. a primeira das tertulias mensuais que organiza a Sección de Literatura e Industrias da Edición. O escritor Suso de Toro conversa con Dolores Vilavedra, Manuel Bragado, Gonzalo Navaza e Víctor F. Freixanes nunha tertulia aberta sobre a súa obra e a recente concesión do Premio Nacional de Narrativa a Trece badaladas. A concesión deste premio dá pé a un debate sobre a proxecciòn exterior da literatura galega e mesmo da identidade cultural de Galicia, cuestión que o autor aborda tamén no seu ùltimo libro de ensaio "Españois todos".