Escritora brasileira nacida en Río de Xaneiro en 1937 e filla de emigrantes galegos, Nélida Piñón cultivou a narrativa sen deixar de lado o teatro, a crítica e o ensaio. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Columbia, é profesora da Universidade de Miami. Debutou como novelista en 1961 con "Guía", á que seguiron, "Fundador" (1969), "A casa da paixón" (1972), "Sala de armas" (1973), "Tebas do meu corazón" (1974), "A forza do destino" (1977), "A calor das cousas" (libro de relatos, 1980) e "A república dos soños" (1984). En 1995 foille outorgado o prestixioso premio literario latinoamericano Juan Rulfo. Nélida Piñón é presidenta desde 1996 da Academia Brasileira das Letras (ABL), sendo a primeira muller que presidiu unha academia literaria en todo o mundo.

