O Consello da Cultura Galega (CCG) lembra estes días ao seu anterior presidente, Carlos Casares Mouriño, con motivo do segundo aniversario da súa morte, ocorrida repentinamente o 9 de marzo de 2002. Escritor, catedrático de Literatura, director da Editorial Galaxia, Casares sempre será recordado nesta institución polo seu esforzo para conseguir que CCG fose un lugar de debate, reflexión e encontro entre tendencias, ideoloxías e políticas.

