----

"AS NOVAS NARRADORAS", TEMA DA TERTULIA MENSUAL DA SECCIÓN DE LITERATURA DO CONSELLO DA CULTURA

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará mañá xoves, día 1 de abril, a partir das 17:00 horas, a súa tertulia literaria mensual. Previamente, ás 16:00 horas, e no mesmo lugar, haberá unha rolda de prensa coa intervención das escritoras invitadas e dos coordinadores do acto.

Nesta ocasión, o diálogo versará sobre AS NOVAS NARRADORAS e contará coa participación das escritoras ANXOS SUMAI, ROSA ANEIROS E INMA LÓPEZ SILVA. O acto será presentado pola tamén escritora e xornalista Ana Romaní e contará coas intervencións da profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra e de Víctor F. Freixanes, coordinador da Sección.

Con anterioridade, estas tertulias estiveron centradas en Suso de Toro e a proxección exterior da literatura e a última obra de Xesús Alonso Montero, "A batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954".

- Día: 1 de abril de 2004

-Hora da rolda de prensa: 16:00

-Hora da tertulia: 17:00

-Lugar: Biblioteca do Consello da Cultura Galega