Ante os terríbeis atentados perpetrados esta mañá en Madrid, o Consello da Cultura Galega (CCG) expresa:
1.- A súa máis firme repulsa e condena destas accións criminais dirixidas contra toda a sociedade española.
2.- A súa emocionada solidariedade e apoio ás víctimas, aos seus familiares e aos seus compañeiros e amigos, e a todo pobo madrileño.
3.- A súa adhesión ás xornadas de loito decretadas oficialmente. O Consello suspendeu os actos públicos que tiña previstos nestes días.
4.- O CCG fai tamén un chamamento á cidadanía e aos responsábeis políticos para que todos manteñamos a firmeza, a serenidade e a unidade contra os inimigos da liberdade e, ao tempo, poidamos fortalecer a convivencia nunha sociedade plural e democrática.

