----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ MÉRCORES, DÍA 16, OS IV ENCONTROS “CULTURA E CONCELLOS”

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá mércores, día 16, ás 12´30 horas, os IV Encontros "Cultura e Concellos" que, nesta edición analizarán a relación entre Cultura e Novas Tecnoloxías.

A rolda de prensa celebrarase no salón de actos do CCG e contará coa presenza de Xan Bouzada, coordinador dos encontros e director do Observatorio da Cultura Galega, e Alfonso Zulueta de Haz, presidente do CCG.Os encontros, que reunirán a técnicos de cultura de numerosos concellos de Galicia, desenvolveranse durante o venres, día 18 de xuño, e a mañá do sábado, día 19, e iniciaranse cun relatorio de Fermín Bouza, profesor da Universidade Complutense de Madrid, sobre "Cultura, comunicación e novas tecnoloxías".