----

O LUNS PRESENTARASE O "V FESTIVAL ALTERNATIVO DE TEATRO, MÚSICA E DANZA DE COMPOSTELA"

O luns, día 2 de febreiro, ás 13´30 horas, celebrarase no salón de actos do Consello da Cultura Galega unha rolda de prensa para presentar o "V FESTIVAL ALTERNATIVO DE TEATRO MÚSICA E DANZA DE COMPOSTELA".

Organizado pola Sala Nasa e o Teatro Galán, o festival ofrecerá 35 representacións e acollerá a presencia de 13 compañías entre o 4 de febreiro e o 3 de abril, cun total de quince programas, todos eles estrea en Galicia. Esta quinta edición do festival de inverno de Compostela terá, ademais, o aliciente do FORO DE TEATRO CONTEMPORÁNEO, no que participarán recoñecidos creadores, organizadores e xornalistas nacionais e estranxeiros.

O Consello da Cultura Galega colabora por terceira vez na organización e desenvolvemento dunha cita singular do calendario das artes escénicas contemporáneas.

Na rolda de prensa intervirán:

-ANA VALLÉS, representante do Teatro Galán e do comité organizador do festival.

-RAMÓN CASTROMIL, vicepresidente do Consello da Cultura Galega e coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas.