----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA A VERSIÓN RENOVADA DE LG3, O SOPORTAL DE LITERATURA DE CULTURAGALEGA.ORG

O Consello da Cultura Galega presentará mañá aos medios o novo lg3, o soportal adicado á literatura e o mundo editorial dentro do portal de divulgación culturagalega.org.

Ao acto asistirán Alfonso Zulueta, Presidente do Consello, Víctor F. Freixanes, coordinador da Sección de Literatura e Industrias da Edición, Xosé López, coordinador da Sección de Comunicación, Nieves Brisaboa, codirectora da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña e o director do portal, Manuel Gago. A rolda de prensa celebrarase mañá, martes 3, ás 12:30 h. no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega

Lg3 modificouse dentro do proceso de renovación dos soportais de culturagalega.org, e está concibido como unha revista virtual creada para responder á gran demanda de información sobre literatura e edición literaria galegas que os usuarios deixan sentir nas estatísticas de visitas e nas súas suxestións. Novos lanzamentos, recensións, reportaxes, fichas bibliográficas e moitas posibilidades de recuperación da información definen o novo lg3.

A URL de lg3 é http://www.culturagalega.org/lg3/