O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá venres, día 18, o libro "Efectos económicos, sociais e ambientais das mareas negras do Prestige". Na redacción da obra, editada en galego e inglés, participaron investigadores en Economía Ambiental de España, Francia e Estados Unidos coordinados polos profesores da Universidade de Vigo Albino Prada e María Xosé Vázquez.A presentación terá lugar no salón de Grados da Faculdade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo (Lagoas-Marcosente) e asistirán o presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, un membro da Dirección de AERNA e os coordinadores do libro.

