----

AS "V XORNADAS INTERNACIONAIS DE CULTURA TRADICIONAL CARNOTA 2004" SERÁN PRESENTADAS MAÑÁ NO CCG

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá mañá martes, día 1 de xuño, ás 12´30 horas, a presentación en rolda de prensa das "V Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional Carnota 2004".

As xornadas, organizadas pola Asociación Cultural "Canle" de Lira e, nesta edición, tamén pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, analizarán "A literatura e a tradición oral en Galicia" e servirán de homenaxe a Xaquín Lorenzo "Xocas", etnógrafo a quen este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

Na rolda de prensa intervirán:

- Manuel García Martínez, alcalde de Carnota
- Rogelio Saborido Lago, presidente da Asociación Cultural "Canle" de Lira
- María Isabel Longueira Mira, directora das Xornadas
- Belén Campos Díaz, coordinadora de espectáculos teatrais e musicais
- Francisco Fernández Naval, escritor
- Un representante do Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Carnota

- Hora: 12:30

- Lugar: Salón de actos do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar15705 Santiago de Compostela