----

O CCG ACOLLE HOXE A PRESENTACIÓN DAS XORNADAS “O CAMIÑO DE SANTIAGO, DIVERSIDADE CULTURAL E COMUNICACIÓN”

O Consello da Cultura Galega acollerá este martes, día 18, a presentación das xornadas "O CAMIÑO DE SANTIAGO, DIVERSIDADE CULTURAL E COMUNICACIÓN", que se desenvolverán o 28 e 29 de maio na sede da institución en Santiago de Compostela.

Estas xornadas, que conta coa participación do Grupo Español de Comunicación da UNESCO, abordarán a difusión do Ano Xacobeo desde diversas instancias: as universidades, as institucións públicas e eclesiástica e os medios de comunicación públicos e privados. Expertos de diferentes ámbitos tratarán tamén de pór en común a importancia de preservar a diversidade cultural fronte á necesaria globalización tecnolóxica.

A presentación das xornadas, que terá lugar ás 14:00 horas, correrá a cargo de Xosé López, coordinador da Sección de Comunicación do CCG e coordinador do encontro xunto con Ángeles Pérez, secretaria Xeral do Grupo Español de Comunicación da UNESCO.- Día: 18 de maio de 2004- Hora: 14:00- Lugar: salón de actos do Consello da Cultura Galega