A primeira das publicación que se presentará é O MAR TERRA ADENTRO, con textos de "Xocas" e gravaduras de Conde Corbal. Margarita Escuredo, viúva do pintor, e Francisco Calo Lourido glosarán a significación da obra. Pola súa parte, Rodrigo Romaní, coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia, presentará a entrega número 20 de AS NOSAS VOCES (XAQUÍN LORENZO) e na que se poderá escoitar a palabra do grande etnógrafo ourensán.
O acto inclúe asemade a presentación de AGASALLO DE CORES PARA XAQUÍN LORENZO, gravados feitos polos alumnos do centro, que poden contemplarse na exposición que será inaugurada a continuación. Soledad Pite, profesora do instituto, explicará esta iniciativa.Logo da presentación das publicacións, actuará a orquestra GENTE QUE ENCANTA, do Instituto Cultural "Casa do Béradêro", de Paraíba (Brasil).
Os actos serán presididos por Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega. Intervirá tamén Ubaldo Rueda, director do centro.

