As xornadas, con inscrición gratuíta para todos os interesados, celebraránse os días 13 e 14 de maio, en sesións de mañá e tarde, no CCG. Nela presentarán relatorios, entre outros, Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor e académico; María Asunción Mateo, presidenta da Fundación Rafael Alberti; Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane; o escritor portugués Mário Cláudio e o presidente do Pen Clube de Galicia, Luis González Tosar.
- Día: 11 de maio de 2004
- Hora: 12:30
- Lugar: salón de actos do Consello da Cultura Galega

