----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ MÉRCORES O COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL SOBRE AS "CANTIGAS DE SANTA MARÍA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá mércores, día 7 de xullo, ás 12´30 horas, o Coloquio Universitario Internacional "Cantigas de Santa María: textos e contextos. Historia, Arte, Música e Literatura".

A rolda de prensa terá lugar ás 12´30 horas, horas no salón de actos do CCG e contará coas intervencións de Antoni Rossell, director do Coloquio; Alejandro Barral, director do Museo da Catedral de Santiago, e Henrique Monteagudo, secretario do CCG.

O coloquio, organizado polo Consello da Cultura Galega e o Museo da Catedral de Santiago, celebrarase os días 8 e 9 de xullo no Pazo de Xelmírez, en Santiago de Compostela. Contará coa presenza dos profesores Hans Joseph Niederehe (Universidade de Trier-Alemaña); Mercedes Brea (Facultade de Filloxía-Univ. de Santiago); Jesús Montoya (Univ. de Granada), Xosé Suárez (conservador da Catedral de Santiago); Marta Schaffer (Univ. de San Francisco-USA); Valeria Bertolucci (Editora de Studi Medievali. Pisa, Italia); Antoni Rossell (Univ. Autónoma de Barcelona); Christian Rault (Niort, Francia); Carlos Alvar (Univ. de Xenebra) e Stephen Parkinson (catedrático da Univ. de Oxford).

O encontro acollerá tamén a inauguración na Sala de Armas do Pazo de Xelmírez dunha pequena mostra do que será a exposición "SANTA MARÍA, STRELA DO DÍA. O humano e o divino nas Cantigas de Santa María de Afonso X", que celebrará o CCG de xullo a outubro de 2005.