----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTARÁ O LUNS, DÍA 12, O VOLUME III DO INFORME SOBRE A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (1980-2000)

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará o luns, día 12, ás 12´00 horas, en rolda de prensa, o volume III do Informe sobre "O Proceso de normalización do idioma galego 1980-2000", que aparece co título "Elaboración e difusión da lingua".

A presentación terá lugar no salón de actos do CCG e contará coa presenza do presidente da institución, Alfonso Zulueta de Haz e dos profesores Enrique Monteagudo, coordinador do traballo, e Francisco Fernández Rei, un dos oito autores.

Esta nova achega analiza a elaboración e a difusión do galego no período citado, os procesos de adaptación do corpus da lingua e as ferramentas de adquisición do galego con atención especial ao ensino non regrado.

O volume inclúe asemade un amplo apéndice bibliográfico, único na área, e que abrangue: a norma, gramáticas, diccionarios e repertorios terminográficos.