No acto, no que tamén estivo presente o secretario do CCG, Henrique Monteagudo, Rey Lama asegurou que "as casas - museo viven das escasas subvencións pero aínda así en Galicia - onde existen organizadas preto de 20 casas ou fundacións de escritores das que 10 pertencen á Asociación Española de Casas - Museo y Fundaciones de Escritores - desenvolven unha importante labor como referentes culturais das sociedades nas que están situadas."
Neste sentido, o coordinador das xornadas insistiu no feito de que as casas de escritores están situadas en enclaves pequenos polo que "exercen unha influencia cultural moi relevante cubrindo as necesidades culturais básicas naquelas pequenas sociedades nas que están integradas", de aí a necesidade de dar a coñecer o seu labor á sociedade, mellorar a súa xestión e protexer o patrimonio que gardan, un triple obxectivo que se marcaron ó organizar estas II Xornadas sobre Casas - Museo.

