Esta tertulia continúa o ciclo iniciado a principios de ano polo CCG e no que até o de momento participaron escritores como Suso de Toro, Xesús Alonso Montero, Urbano Tavares e Anxos Sumai e no que se abordaron temas como as novas narradoras, o libro galego ou o significado do Día das Letras Galegas. As tertulias son gravadas e posteriormente quedan a disposición do interesados en Lg3, o soportal de literatura de culturagalega.org, no enderezo http://www.culturagalega.org/lg3/
- Día: venres, 17 de decembro
- Hora: 17:00
- Lugar: biblioteca do Consello da Cultura Galega

