----

Dispoñibles na Mediateca os vídeos do foro "O valor crítico dos bens culturais"

<img src="http://consellodacultura.org/mediateca/files/2008/11/bensculturais_mediateca.jpg" alt="" hspace="15" align="left"> Este foro subliñou nas súas conclusións a necesidade dunha lei do Patrimonio Cultural Español “atenta ás novas relacións políticas do territorio, e á protección do uso e goce do legado, individual e colectivo de forma contida e ordenada”. O foro, coordinado por Iago Seara, reuniu durante tres días a trinta expertos que insistiron na necesidade dunha conciencia colectiva activa e reflexiva, unha mentalidade, para unha visión crítica dos bens culturais e para a súa restauración e conservación. “O valor crítico dos bens culturais” é o quinto dos foros organizados durante este ano polo Consello da Cultura Galega para conmemorar os primeiros vinte e cinco anos da institución (1983-2008).


<ul><li><a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=445">Vexa os vídeos desde a mediateca do Consello</a></ul></li>