----

O Conselleiro de Medio Ambiente urxe do Goberno Central a transferencia a Galicia das competencias en meteoroloxía

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/11/pres_historia_meteoroloxia.jpg" alt="pres_historia_meteoroloxia.jpg" />

<em><div id="pedefoto">Francisco Díaz-Fierros, Ramón Villares e Manuel Vázquez, durante a presentación do libro</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2008.</em>- O Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible, Manuel Vázquez, aproveitou a presentación do libro “Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia” para urxir do Goberno Central a transferencia das competencias en materia de meteoroloxía. O libro, coordinado polo profesor Francisco Díaz-Fierros, foi editado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa consellería citada, impulsora desta iniciativa pioneira. O acto, no que interviron o conselleiro e o coordinador, foi presidido por Ramón Villares, Presidente do CCG.


<!--more-->
Manuel Vázquez chamou a atención sobre o feito de que Galicia é a única Comunidade Autónoma, á marxe das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, que non dispón de competencias en meteoroloxía e lembrou unha recente resolución do Parlamento Galego neste senso. “Logo de 16 anos de desentendemento deste obxectivo, importante para Galicia, e de tres anos de xestións, entendo que non caben mais esperas e que a transferencia debe materializarse canto antes”, afirmou o conselleiro. Ramón Vllares, Presidente do CCG, expresou o seu desexo de que o libro presentado hoxe contribúa a facer realidade esas transferencias. O libro consta de dúas partres. A primeira describe as principais etapas do desenvolvemento da meteroloxía e da climatoloxía en Galicia. A segunda trata da historia do clima en Galicia. As dúas historias sitúannos diante da mesma perspectiva, segundo explicou Francisco Díaz Fierros: “A perspectiva do carácter evolutivo, e como consecuencia transitorio, destas dúas relaidades, o que nos leva á consideración de que o momento actual, por moi rico e interesan que sexa, non deixa de ser un chanzo, un pequeño intre dun longo proceso que ven de moi lonxe e quer nos proxecta cara a un porvir incerto. Por iso, problemas tan fundamentais para a meteoroloxía e a climatoloxía de hoxe, como os derivados do CAMBIO CLIMÁTICO, só poden ser encarados, con xeito, se a topdo o aparato conceptual e instrumental co que se está hoxe a traballar se lle engade tamén a perspectiva do seu devir e a súa proxeción histórica”. Ramón Villares recordou que o clima ten moito que ver coa Cultura, coa Ciencia Política e coa Historia e lembrou os traballos sobre a materia por parte de Polibio, Bodino, Montesquieu e Otero Pedrayo. Agradeceu tamén a colaboración da Consellería de Medio Ambiente. Francisco Díaz Fierros destacou o carácter interdisciplinar do traballo que ordena os coñecementos actuais sobre o clima galego desde a saída da última glaciación ata os nosos días e inclúe un CD cos datos de precipitación e temperatura, mensuais, dos observatorios históricos. Na súa elaboración, xunto con Francisco Díaz-Fierros, traballaron: Rafael Sisto Edreira, María Luísa Losada Sanmartín, Pablo Ramil Rego, Luís Gómez-Orellana, Castor Muñoz Sobrino, Javier Cancelo, Eva María Otero Turnes e Monserrat Recarey Pérez.