Na rolda de prensa, prevista para as 12´00 horas no salón de actos do CCG, intervirán:
- Ramón Castromil, vicepresidente do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo Sonoro de Galicia
- Rodrigo Romaní, coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia
As sesións do encontro terán lugar os días 17 e 18 de febreiro e contarán coa participación de destacados relatores como Susana Asensio, Deborah Pacini, Juan Gil, Javier Garbayo, Norberto Pablo Cirio, Joam Trillo ou Andrés Gaos.
Os interesados en asistir a este encontro poden inscribirse de xeito gratuíto na sede da institución ou a través da súa páxina web: http://www.consellodacultura.org

