Con esta iniciativa, o CCG quere seguir traballando na recuperación da memoria do xornalismo dos primeiros anos do século XX, xornalismo do cal son debedores moitos dos medios de comunicación da actualidade.
No acto de presentación participará Xosé López, coordinador da Sección de Comunicación do CCG e responsable da edición, e Henrique Monteagudo, secretario do CCG, e contará coa presenza de Alfonso Paz Andrade, fillo do citado director do "Galicia".
- Lugar: salón de actos do Consello da Cultura Galega
- Hora: 12:00

