----

UN ESTUDIO SOBRE "O PRESTIGE NA PRENSA GALEGA NO 2002" SERÁ PRESENTADO MAÑÁ NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Un estudio sobre "O PRESTIGE NA PRENSA GALEGA NO 2002" será presentado mañá, xoves, 5 de xuño, ás 13´00 horas, nunha rolda de prensa que terá lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG).

O estudio, dirixido por María Pilar Jiménez Aleixandre, realizouse por iniciativa do Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago e da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do CCG e forma parte do proxecto "Comunicación e medio ambiente: cobertura de cuestións ambientais na prensa galega".

Na rolda de prensa estarán María Pilar Jiménez Aleixandre, directora do estudio e Franciso Díaz Fierros, coordinador da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Consello da Cultura Galega.