----

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA ESTE MARTES, DÍA 28, UN ESTUDO SOBRE "A LINGUA GALEGA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará en rolda de prensa mañá martes, día 28 de setembro, ás 12´00 horas, o avance de datos dun estudo sobre "A lingua galega nos medios de comunicación", no contexto do "Informe sobre o proceso de normalización do idioma galego".

A presentación terá lugar no salón de actos do CCG e contará coa presenza do presidente da institución, Alfonso Zulueta de Haz, do coordinador da Sección de Lingua, Henrique Monteagudo, e do director do estudo, Anxo Lorenzo, sociolingüista, profesor da Universidade de Vigo e membro da Sección de Lingua.

O estudo "A lingua galega nos medios de comunicación" requiriu a realización dunha enquisa (1.200 entrevistas) sobre o consumo de medios en Galicia e as opinións respecto da presenza da lingua galega nos diferentes soportes.