<img src="http://consellodacultura.org/mediateca/files/2008/10/portada_catedrallugo.jpg" alt="" hspace="15" align="left"> Con motivo da presentación da obra "Documentos da Catedral de Lugo. Século XIV" na Galería Sargadelos, o Consello da Cultura Galega pon na Mediateca do portal corporativo os dous volumes completos, para que o público xeral poida descargalos de forma gratuita. Trátase dunha obra transcrita pola falecida María José Portela Silva, quen en palabras de Ramón Villares "foi unha autora moi acreditada nesta laboría da edición de manuscritos da historia medieval e moderna de Galicia". Por outra banda, poñemos á vosa disposición a copia completa de Símbolos de Galicia, libro do que xa deramos un adianto en decembro do ano pasado.
<ul>
<li><a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=443">Descargue "Documentos da Catedral de Lugo. S. XIV" dende a mediateca.</a></li>
<li><a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=216">Descargue "Símbolos de Galicia" dende a mediateca.</a></li>
</ul>

