Á inauguración do acto, que terá lugar mañá, 7 de xuño, ás 10 h. acodirá o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, así como o secretario do CCG, Henrique Monteagudo, a directora do Arquivo da Emigración Galega (AEG), Pilar Cagiao, e o coordinador destas xornadas, Alexandre Vázquez.
Organizadas polo AEG, este encontro quere dar resposta a numerosos interrogantes en torno á situación na que se atopaban os dous grupos étnicos maioritarios da inmigración arxentina: españois e italianos ou gallegos e tanos como se lles coñecía na fala coloquial propia do Ría da Prata.
"Gallegos e Tanos" quere ser tamén un foro que permita unha posta en común das teorías que os investigadores dun e doutro lado do Atlántico teñen respecto deste fenómeno. As xornadas ofrecerán unha perspectiva comparativa a través de tres niveis: as grandes liñas de migracións de España, Italia e Francia, a análise destas migracións no seu aspecto rexional e, en terceiro lugar, o estudio de casos concretos como son as migracións que afectaron a Galicia e á rexión italiana do Véneto.
Esta iniciativa do CCG reunirá profesores e estudiosos da migración de moi distintas procedencias, entre os que cabes destacar os profesores das universidades de Verona, París, Turín, Luján ou a de UCLA (EE.UU).

