Trátase dunha edición case facsimilar da monumental obra á que este xeógrafo lle dedicou 17 anos da súa vida ó longo dos cales percorreu Galicia na procura de documentación e fontes de información. Con esta publicación, Abel Bouhier puxo os piares para que moitos investigadores continuaran desbotando a tradicional visión negativa que existía sobre o campo galego e traballaran na superación dos problemas do rural.
O libro que mañá se presenta no Salón de Actos do CCG - acto oficial que contará coa participación do presidente da Xunta, Manuel Fraga, e do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Juan Miguel Diz Guedes -, supón a culminación dun esforzo para facerlle xustiza a este xeógrafo francés a quen en marzo do ano pasado o CCG dedicáballe un congreso baixo o nome de "Galicia desde La Galice. Homenaxe a Abel Bouhier" e ó remate do cal xa se presentara o primeiro volume desta extensa e complexa obra.

