----

O Foro "O valor crítico dos bens culturais" pide unha Lei do Patrimonio Cultural Español atenta ás novas relacións territoriais e á debida protección dos usos individuais e colectivos

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/10/sabado2610081.jpg" alt="sabado2610081.jpg" />

<em><div id="pedefoto">Felipe Arias, Iago Seara e María Domingo Fominaya, na última sesión do foro que se celebrou no Salón de Actos do CCG</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2008.-</em> O Foro de debate <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=637">“O valor crítico dos bens culturais”</a>, que rematou esta tarde no Consello da Cultura Galega, subliñou nas súas conclusións a necesidade dunha lei do Patrimonio Cultural Español “atenta ás novas relacións políticas do territorio, e á protección do uso e goce do legado, individual e colectivo de forma contida e ordenada”. O foro, coordinado por Iago Seara, reuniu durante tres días a trinta expertos que insistiron na necesidade dunha conciencia colectiva activa e reflexiva, unha mentalidade, para unha visión crítica dos bens culturais e para a súa restauración e conservación.


<!--more-->

A apelación á forma contida do uso e goce colectivo contraponse ao uso de masas e alude asemade á necesidade de profundizar, rigorosa e científicamente na conservación dos bens, “partindo de valores éticos e estéticos da sociedade contemporánea: das institucións políticas e sociais como garantía da transmisión do legado do Patrimonio Cultural e buscando o equilíbrio entre o valor de uso e o valor de cambio”.

O Foro considerou os bens culturais (paisaxe, mobles, inmobles, xacementos, bens inmateriais, etc. como referentes para o recoñecemento colectivo pero tamén individual, <span> </span>grazas ao concepto de Patrimonio Cultural. “Non se debe eliminar a posiblidade da experiencia individual (como protección das patoloxías da globalización) pero simultáneamente hai que posibilitar de forma contida o acceso maioritario (que non masivo) dos cidadáns, previamente informados e ilustrados”.

O Patrimonio Cultural, como legado que é, aparece como un recordatorio permanente, para as xeracións presentes e vindeiras, de todo o bo e con valor que merece conservarse do pasado. “Isto é debido a unha fonda transformación da percepción por parte do observador merced a un programa eficaz e profundo que debe comezar desde a Educación de nenos e adolescentes como garantía da introspección, a conservación e a transmisión do legado do Patrimonio Cultural, que debe ser comprendido de forma activa e dinámica”.

Os participantes neste Foro de debate apelaron á necesidade de profundizar máis eficazmente no coñecemento, formulación e conservación do legado “do rico Patrimonio Cultural-Espiritual e do Patrimonio Cultural das formas artísticas actuais de alto contido espiritual e de soportes fráxiles”. Reclamaron asimesmo máis rigor, eficacia e selectividade para profundizar no coñecemento do rico patrimonio da cultura tradicional rural e preindustrial “con especial preocupación para as paisaxes post-agrícola e post-industrial, mal chamada agora “arqueoloxía industrial”.

As conclusións subliñaron tamén o perigo que para o legado do Patrimonio Cultural representan a globalización e os efectos técnicos e tecnolóxicos da transformación do territorio e da cidade. Perigo que debe ser contrarrestado coa conservación dese patrimonio por medio da creación de lugares, contornos e espazos de Resistencia Cultural “na procura de equilíbrio, mesura e racionalidade “xa que traen consigo as formas de uso e orde social que expresan como referencia do pasado e que poden ser valores críticos reorientadores do futuro, toa vez que o presente está desvertebrado na súa relación co home”.

Trátase, en definitiva, da defensa do Patrimonio Cultural a través de “lugares e espazos de resistencia necesarios para un rearme crítico que transforme as orientacións patolóxicas, ou os efectos negativos da globalización”.

O Foro de debate “O valor crítico dos bens culturais” é o quinto dos organizados durante este ano polo Consello da Cultura Galega para conmemorar os primeiros vinte e cinco anos da institución (1983-2008).