----

O Foro "O valor crítico dos bens culturais" analizará o papel das Administracións con representantes do Ministerio e da Consellería de Cultura

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/10/venres2510081.jpg" alt="venres2510081.jpg" />

<em><div id="pedefoto">José Cabrera, Iago Seara, María José Martínez Justicia e Antón Castro, durante a oitava sesión do foro que se celebrou na tarde do venres 24</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2008</em>.- O foro de debate <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=637">“O valor crítico dos bens culturais”</a>, concluirá o sábado, día 25 á primeira hora da tarde cunha sesión que se centrará especialmente na reflexión sobre “Os bens culturais e a Administración” e contará coa participación de representantes do Ministerio de Cultura e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.


<!--more-->
Onte, venres, as sesións analizaron “Os bens da escritura” (Susana Fortes, Daniel Buján e María do Cebreiro); “Os bens da Arte” (Antón Patiño e Araceli Pereda), “A poética do artista e da cidade” (Alberto Ruiz de Samaniego) e “Os bens mobles” (María José Martínez Justicia, José María Cabrera e Antón Castro, subdirector do Instituto do Patrimonio Histórico Español).

PROGRAMA DO SÁBADO 25


Ás 10 horas, Ignacio González Varas, profesor de Restauración, ocuparase de “Os bens culturais: inmobles”, tretrucado por Federico Garrido, subdirector xeral de conservación e restauraciòn de Bens Culturais da Xunta de Galicia, e David Chao, profesor de Historia da Arte. Ás 12´15 horas, a derradeira sesión proporá unha reflexión sobre “Os bens culturais e a administración” coas intervencións de Alfredo Pérez de Armiñán y de la Serna, presidente de Hispania Nostra; Felipe Arias, Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Antón Castro, Subdirector do Instituto do Patrimonio Histórico Español, e de Iago Seara, arquitecto e profesor da Escola de Arquitectura da Coruña. Este Foro, iniciado o pasado día 23 e coordinado polo arquitecto Iago Seara, é o quinto dos seis organizados este ano polo consello da Cultura Galega para conmemorar os primeiros 25 anos da institución (1983-2008).