Organizado pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega e a Facultade de Cc. da Comunicación da USC, este Encontro pretende abrir vías comúns na investigación e no ensino do xornalismo, aínda que nesta xuntanza tamén se quere aproveitar para facer balance da situación actual na que se atopan os medios de comunicación na sociedade galega e portuguesa.
A primeira xornada, a de mañá, martes 29, arrincará cun acto oficial de apertura, ás 10h. no que estarán presentes o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta e os coordinadores do encontros, Xosé López e Jorge Pedro Sousa.
Un congreso de recoñecementos, un congreso de balances
O resumen é dos organizadores deste I Congreso Luso-Galego, un evento que ademais está promovido pola Asociación Galega de Investigadores en Comunicación e a Asociacão Portuguesa de Ciências da Comunicação-SOPCOM, en colaboración co Observatorio da Comunicaçao. Entre os relatores, cabe destacar nomes como o de Francisco Campos ou Xosé María Palmeiro, pola parte galega e José Paquete de Oliveira ou Manuel Pinto, pola parte portuguesa.

