----

Susana Fortes, Antón Patiño, Alberto Ruiz de Samaniego e Antón Castro participan o día 24 no Foro "O valor crítico dos bens culturais"

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/10/foro_dia23oct.jpg" alt="foro_dia23oct.jpg" />

<em><div id="pedefoto">Iago Seara, Pedro Alberto Cruz, Isabel Durante e Vicente Lull, durante a terceira sesión do foro que se celebrou no salón de actos do CCG</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2008.</em>- O foro de debate <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=637">“O valor crítico dos bens culturais”</a>, iniciado hoxe, continúa o venres, dìa 24 a partir das 10 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega coa intervención da escritora Susana Fortes, que falará sobre “Os bens da escritura”, retrucada por Daniel Buján, xefe de servicio da Biblioteca Nacional de Galicia, e María do Cebreiro, poeta. Trinta expertos participan nas sesións coordinadas por Iago Seara e que rematarán o sábado, 25.


<!--more-->

Nas sesións de hoxe interviron: Xavier Rubert de Ventós, César Portela e Xosé Manuel Beiras (“Os bens da conciencia crítica”); Simón Marchán, Xosé Luís Barreiro Rivas e Pedro López (“Os bens da memoria e da identidade. Procesos no global e no local”); Pedro Alberto Cruz Sánchez, Conselleiro de Cultura da da Comunidade Autónoma de Murcia, Vicente Lull e Isabel Durante (“Estratos da memoria, estratos dos bens da cultura”) e o crítico de Arquitectura e historiador William J. R. Curtis e Juan Miguel Hernández León (“Os bens da arquitectura”). As sesións prestan atención ás dimensións de memoria, historia e identidade e á súa proxección na creación e na producción contemporáneas. Os debates abordan a mentalidade ou conciencia crítica en relación cos bens culturais a través de pensadores e creadores e desde as prácticas creativas e a cultura crítica da contemporaneidade.

PROGRAMA

VENRES, 24 <em>12´15 horas.-</em> Antón Patiño, artista visual, referirase a “Os bens da arte” xunto con Araceli Pereda, ex directora xeral de Patrimonio da Comunidade de Madrid. <em>16´30 horas.-</em> Alberto Ruiz de Samaniego, director da Fundación Luís Seoane, reflexionará sobre “A poética do artista e da cidade”, complementado polo arquitecto Iago Seara. <em>18´30 horas.-</em> A última sesión do día, “Os bens culturais: mobles” será protagonizada por María José Martrínez Justicia, profesora de Historia da Arte, xunto con José María Cabrera, químico e restaurador, e Antón Castro, historiador da arte.

SÁBADO 25.- Ás 10 horas, Ignacio González Varas, profesor de Restauración, ocuparase de “Os bens culturais: inmobles”, retrucado por Federico Garrido, subdirector xeral de conservación e restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia, e David Chao, profesor de Historia da Arte. Ás 12´15 horas, a derradeira sesión proporá unha reflexión sobre “Os bens culturais e a administración” coas intervencións de Alfredo Pérez de Armiñán y de la Serna, presidente de Hispania Nostra; Felipe Arias, Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Antón Castro, Subdirector do Instituto do Patrimonio Histórico Español, e de Iago Seara, arquitecto e profesor da Escola de Arquitectura da Coruña. Este Foro é o quinto dos seis organizados este ano polo Consello da Cultura Galega para conmemorar os primeiros 25 anos da institución (1983-2008).