----

O CONSELLO ESTREA NOVO SITIO CORPORATIVO

O Consello da Cultura Galega, nun esforzo de adaptación ás novas tecnoloxías, acaba de estrear un novo sitio web, www.consellodacultura.org, que sustitúe á anterior, que xa non respondía ás necesidades dunha institución en contínuo crecemento e expansión.

O novo sitio web da institución foi redeseñado tendo en conta a interactividade cos usuarios, un aspecto que se quere fomentar nun intento de transforma-la web nun centro de difusión da información e dos recursos que ofrece o Consello da Cultura Galega.

O obxectivo final é conseguir xestionar dun xeito práctico e rápido os diversos fluxos de información que parten da institución, mellorando a estructura dos contidos presentados e das actividades promovidas.