----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ O CÓMIC "PARANDO A MAREA NEGRA" SOBRE A CATÁSTROFE DO "PRESTIGE"

O Consello da Cultura Galega presentará mañá martes, día 4, ás 12´00 horas en rolda de prensa o cómic PARANDO A MAREA NEGRA, que describe a esforzada reacción posta en marcha en Galicia para neutralizar o impacto da catástrofe do "Prestige".

Trátase dunha publicación editada con guión da escritora María Pilar Jiménez Aleixandre e ilustrada por Fran Bueno Capeáns, que fai o número 3 da Colección CIENCIA PARA TODOS, iniciativa da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, do CCG. Os números anteriores foron dedicados á auga e ó solo.Na rolda de prensa, que terá lugar no salón de actos do Consello, estarán María Pilar Jiménez Aleixandre e Francisco Díaz Fierros, coordinador da sección citada e vicepresidente do CCG.