O CATÁLOGO DOS MANUSCRITOS DA CATEDRAL DE SANTIAGO será presentado este martes, día 13, ás 12´00 horas, no Arquivo da Catedral. O documento, que referencia máis de trescentos manuscritos, foi elaborado por Xosé Sánchez cunha subvención do Consello da Cultura Galega (CCG).O CCG considerou a importancia e a necesidade de poñer á disposición de estudiosos e investigadores un "corpus" de alto valor documental e historiográfico debidamente ordenado. No acto de presentación intervirán: José María Díaz Fernández, coengo-arquiveiro da Catedral; Xosé Sánchez, autor do Catálogo; Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, e Monseñor Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago.
Día: 13 de xaneiro
Hora: 12:00
Lugar: Arquivo da Catedral

