Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2010.- “Os medios impresos e electrónicos en rede en galego. Panorama do presente e desafíos” é o tema da xornadas de reflexión e debate que terán lugar no Consello da Cultura Galega na mañá do martes 26 de outubro. O Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, falará da “Política da Xunta para os medios en galego”.<!--more-->
As xornadas comezarán ás 10 horas coa intervención de Victor F. Freixanes, profesor da USC e coordinador do libro “O capital da cultura”, que falará sobre “O capital da cultura en Galicia”.
Xavier Cea, Presidente da Asociación de Medios Escritos en Galego (AME), reflexionará sobre o “Panorama dos medios en galego”.
Seguirá unha mesa redonda sobre “Situación e plans de futuro”coas visións de Alfonso Eiré (A Nosa Terra), Guillermo Rodríguez (A Peneira) e Alfonso A. Riveiro (De Luns a Venres). Modera: Xosé Manuel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
As 12´30 horas os profesores Valentín Alejandro (Universidade de A Coruña) e Francisco Campos (Universidade de Santiago) analizarán “A economía dos medios en galego. Panorama e desafíos”.
A sesión concluirá ás 13´45 horas coa intervención de Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, sobre “Política da Xunta para os medios en galego”.

