----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTARÁ MAÑÁ, DÍA 18, ÁS 12´00, A REEDICIÓN DO LIBRO "CHILE A LA VISTA", DE EDUARDO BLANCO AMOR

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá, martes, día 18 de novembro, ás 12´00 horas, en rolda de prensa, a reedición do libro CHILE A LA VISTA, de Eduardo Blanco Amor.O libro, de algo máis de 400 páxinas, recolle unha parte importante da obra xornalística de Blanco Amor. Neste caso, os artigos escritos polo autor de "Xente ao lonxe", entre 1949 e 1950 e publicados no xornal chileno "La Hora". Trátase dun relato lúcido, vivo e apaixonado logo de "andar e ver" o país andino.

A excelente prosa do Blanco Amor xornalista foi publicada en 1951 en forma de libro co título "Chile a la vista" pola Editorial del Pacífico. Houbo dúas reedicións en 1953.Agora o patrocinio e a colaboración da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) fixeron posible esta nova edición por parte da Editorial Galaxia que incorpora un novo título á súa "Biblioteca Blanco Amor" e rescata uns textos ben indicativos do quefacer xornalístico do autor de "A Esmorga".Na rolda de prensa estarán presentes: Alfonso Zulueta de Haz, Prsesidente do CCG; Xosé López, coordinador da Sección de Comunicación do CCG, e Victor F. Freixanes, director da Editorial Galaxia.