----

ALFONSO ZULUETA PRESIDE ESTA TARDE A ENTREGA DO IX PREMIO LITERARIO "ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE", EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Alfonso Zulueta de Haz, presidirá esta tarde, ás 19´00 horas no Instituto "Rosalía de Castro" de Santiago de Compostela, o acto de entrega do IX Premio Literario "Arcebispo Juan de San Clemente". Nesta edición os premiados son Rosa Aneiros (Resistencia); Almudena Grandes (Los aires difíciles) e Jonathan Coe (El club de los canallas).

O premio, dotado en total con 9.000 euros, escolle a mellor obra do ano nas modalidades de novela galega, novela castelán e novela estranxeira. O xurado está integrado por alumnos do instituto "Rosalía de Castro" e doutros centros de ensino medio de Galicia.

No acto entregaránse tamén insignias de ouro de San Clemente ao editor Jordi Herralde e a José Luís Sáez, vicepresidente da Federación Española de Baloncesto, pola súa colaboración e o seu apoio ás actividades do instituto organizador.