----

ANXO QUINTANA, PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, VISITA MAÑÁ MÉRCORES O CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Anxo Quintana, visita oficialmente este mércores, día 21, o Consello da Cultura Galega (CCG). Anxo Quintana reunirase co presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, e cos membros da Comisión Executiva da institución. A visita terá lugar ás 11´00 horas e rematará cun encontro cos medios informativos ás 11´45 horas, na sede do CCG (Pazo de Raxoi, 2º andar, en Santiago de Compostela).