Os coordinadores do seminario, o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz- Fierros, e o presidente de AERNA, Pablo Campos Palacín, serán os encargados de presentar aos medios de comunicación as motivacións e obxectivos que levaron a estas dúas institucións a uniren os seus esforzos para organizaren o primeiro encontro de expertos sobre contaminación ambiental e as súas consecuencias económicas e sociais.
A lexislación sobre responsabilidades ambientais así como a necesidade de coñecer as experiencias e actuacións que se levaron adiante en casos similares servirán de base para moitos dos relatorios que virán da man de reputados expertos procedentes das Universidades de California, Ohio, Vigo ou Santiago.

