A conservación e difusión do patrimonio material (bibliográfico, etnográfico, etc. ) e do simbólico que emana de personaxes tan sobranceiras como Rosalía de Castro, Valle-Inclán ou Wenceslao Fernández Flórez fan das súas casas un punto de referencia no estudio e lembranza daqueles que viviron alí. De aí a importancia de seguir traballando nas Fundacións e Casas- Museo a través da celebración desta segunda edición destas xornadas.
Estructuradas en catro partes: a museografía, a literatura, a exteriorización e a experiencia experiencia estranxeira, estas xornadas farán posible o encontro e a posta en común das numerosas experiencias en canto á fundación e desenvolvemento de Casas- Museo tanto en Galicia coma en España ou noutros países.

